Francis Buchanan-Hamilton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Francis Buchanan 15 de febreiro de 1762 Callander, Perthshire, Escocia |
Morte | 15 de xuño de 1829 Gran Bretaña |
Datos persoais | |
Residencia | Escocia |
País de nacionalidade | escocesa |
Formación profesional | Doutor en Medicina |
Educación | Universidade de Edimburgo |
Coñecido por | An account of the fishes found in the river Ganges and its branches |
Actividade | |
Ocupación | médico, botánico, zoólogo |
Empregador | Xardín botánico de Calcutta Real xardín botánico de Edimburgo |
Membro de | Royal Society (1806–) |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Buch.-Ham. |
Abreviatura do autor en zooloxía | Hamilton, 1822 |
Premios | |
Membro da Royal Society Membro da Royal Society of Edinburgh | |
Francis Buchanan-Hamilton, nado en Callander, Perthshire, Escocia o 15 de febreiro de 1762, e finado na Gran Bretaña o 15 de xuño de 1829, foi un médico, botánico e zoólogo escocés que viviu na India.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido como Francis Buchanan, era fillo de Elizabeth, que vivía na leira de Branziet; seu pai, Thomas, médico, chegou a Spittal e reclamou a xefatura do nome de Buchanan, e era dono dunha propiedade en Lenyi.
Francis Buchanan engadiu "Hamilton" ao seu apelido ao recibir a súa herdanza materna, aínda que non asumiu este nome até tres anos despois da súa retirada da India.[1]
Hamilton estudou Medicina na Universidade de Edimburgo, onde acadou a título de Doutor.[2] Despois de varias viaxes en navíos da mariña mercante a Asia, serviu no Servizo Médico Bengalí desde 1794 a 1815. Durante este tempo foi enviado a varias expedicións de investigaciónen á India e ao Nepal.
De 1803 a 1804 foi o ciruxián oficial do Gobernador Xeneral da India Lord Wellesley en Calcuta, onde incluso organizou un zoolóxico que foi o núcleo do actual "Calcutta Alipore Zoo". Sucedeuó a William Roxburgh no posto de superintendente do Xardín Botánico de Calcuta en 1814, pero tivo que volver á Gran Bretaña en 1815 debido ao seu mal estado de saúde, onde faleceu o 15 de xuño de 1829.
En 1822 publicou An account of the fishes found in the river Ganges and its branches (onde describiu a especie Pimelodus arius, hoxe Arius arius). En 1807 escribiu A Journey from Madras through the Countries of Mysore, Canara and Malabar e, en 1819, An Account of the Kingdom of Nepal.
Tamén recolectou e describiu numerosas novas especies de plantas da rexión.
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]- (Annonaceae) Monanthotaxis buchananii (Engl.) Verdc.[3]
- (Asclepiadaceae) Cryptolepis buchananii Roem. & Schult.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Journey from Madras through the countries of Mysore, Canara, and Malabar: for the express purpose of investigating the state of agriculture, arts and commerce, the religion, manners, and customs, the history natural and civil, and antiquities. 3 Volumes. Londres, 1807
- An Account of the Kingdom of Nepal, 1819
- An account of the fishes found in the river Ganges and its branches. Edimburgo & Londres, 1822
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]- A abreviatura Buch.-Ham. emprégase para recoñecer a Francis Buchanan-Hamilton como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[5]
Tamén aparece a súa abreviatura en equipos, como:
- Buchanan-Hamilton & D. Don
- Buchanan-Hamilton & de Candolle
- A abreviatura Hamilton emprégase para recoñecer a Francis Buchanan-Hamilton como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ V. H. Jackson, "preface" in Journal of Francis Buchanan. Delhi, 1989.
- ↑ Biographical index of former fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783 – 2002 Arquivado 24 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (PDF). The Royal Society of Edinburgh. Xullo de 2006. ISBN 0-902-198-84-X.
- ↑ Fl. Trop. E. Africa, Annon. 97. 1971; & en Kew Bull. 25 (1): 24 (IK).
- ↑ Syst. Veg. ed. 15 bis 4: 409. 1819 (IK)
- ↑ Buch.-Ham. – Francis Buchanan-Hamilton (1762-1829) no IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Francis Buchanan-Hamilton |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- D. Prain. A sketch of the life of Francis Hamilton (once Buchanan) sometime Superintendent of the Honourable Company's Botanic Garden, Calcutta. En: Ann. of the Royal Botanic Garden 10 (2): I–LXXV, Calcuta 1905.
- Leslie Stephen (ed.) Dictionary of national Biography. Vol. VII, pp. 186, Smith, Elder & Co., Londres, 1886.